capicúa

capicúa

cat capicua cat cap i cua ‘cabeza e cola’

Plural: capicúas
  1. adx
    1. Aplícase ao número constituído por varias cifras simétricas e que é igual lido de esquerda a dereita ca de dereita a esquerda. Tm s m.

    2. Aplícase a un billete, boleto, papeleta ou similar, que contén un número capicúa. Tm s m.

  2. adx [LIT ]

    anacíclico.

Citas

  • O meu coche ten unha matrícula capicúa 1441, A lotería tocou esta semana nun capicúa: 381831
  • O número 69096 é capicúa