caneta

caneta
Plural: canetas
  1. s f

    Canle de madeira do muíño fariñeiro pola que pasa o gran ao ollo da moa.

  2. s f

    Calquera conduto de pedra, madeira ou metal por onde sae a auga dunha fonte.

  3. s f

    Canle de pequenas dimensións empregada para regar.

Sinónimos

Citas

  • Antes de haber o tubo de ferro lembro que había unha caneta de pedra na fonte

Palabras veciñas

caneludo -da caneo canesú caneta canetada canfano canfeno