canela

canela

lat v *cannella lat canna ‘cana’

Plural: canelas
  1. s
    1. Óso da parte interna da perna situado entre o xeonllo e o pé.

    2. Calquera dos ósos longos das ás dunha ave.

    3. Parte anterior da perna entre o pé e o xeonllo.

  2. s f [TÉXT ]

    Peza metálica ou doutro material arredor da que se enrola o fío, que vai disposta dentro da lanzadeira para formar a trama do tecido nunha máquina de coser ou nun tear.

Sinónimos

Citas

  • Cambiou o fío da canela para empezar a coser coa máquina
  • Fracturou a canela e agora leva a perna escaiolada
  • Leva saias curtas porque ten as canelas ben feitas
  • ¡Que canelas lle quedaron despois de dous meses de enfermidade!

Frases feitas

  • Andar correndo a canela. Non estar quieto.

  • Andar en/ir de canelas. Andar coas pernas

Formas incorrectas

canilla