cambiar

cambiar

lat tardío cambiāre

  1. v t
    1. Dar unha cousa e recibir outra no seu lugar.

    2. Dar unha cantidade de diñeiro nun tipo de moeda e recibir o equivalente noutra distinta.

  2. v t

    Facer que algo ou alguén adquira características diferentes ás que tiña.

  3. v t

    Quitar unha cousa ou unha persoa dalgún lugar para colocalo noutro.

  4. v t

    Quitar a roupa posta para pór outra. Tm v pron.

  5. v i

    olverse diferente unha persoa ou cousa.

  6. v i

    Meter unha marcha distinta á que levaba un vehículo con motor.

  7. v pron

    Pasar algo a un estado diferente.

Sinónimos

Confrontacións

alterar, conmutar, intercambiar, permutar

Citas

  • A tintura cambia a cor dos cabelos
  • Cambia de residencia cada ano
  • Cambia ese disco e pon algo máis tranquilo, No segundo tempo cambiaron o porteiro por lesión, O raposo cambia de pelo, pero non de mañas
  • Cambiou a televisión da cociña para a sala, Cambiaron os pacientes do hospital de andar
  • Cambiou de idea e non veu á festa
  • Cambiou o apartamento da praia por un piso no centro, Os meus amigos non os cambiaría por nada no mundo
  • É importante que nos reunamos e cambiemos impresións
  • Este ano xa se cambiou de traballo tres veces, Cambiuose á aldea veciña
  • Moito cambiaches desde que non nos vemos
  • Na rampa, cambia cando vexas que o motor non tira con forza, Como estaba sen freos, cambiei a marcha para reducir a velocidade
  • Necesito cambiar os dólares que me sobraron da viaxe
  • O amor cambiouse en ira ao saber que o enganara
  • O vento cambiou e arrastrou a chalana novamente á praia
  • Ten a capacidade de cambiar os defectos en virtudes
  • Xa cambiei o neno tres veces e non me quedan cueiros limpos, ¡Cámbiate, que á festa con eses trapos non te levo!

Palabras veciñas

cambiador -ra cambial cambiante cambiar cambio cámbium cambo
Conxugar
VERBO cambiar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambio
cambias
cambia
cambiamos
cambiades
cambian
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiaba
cambiabas
cambiaba
cambiabamos
cambiabades
cambiaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiei
cambiaches
cambiou
cambiamos
cambiastes
cambiaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiara
cambiaras
cambiara
cambiaramos
cambiarades
cambiaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiarei
cambiarás
cambiará
cambiaremos
cambiaredes
cambiarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiaría
cambiarías
cambiaría
cambiariamos
cambiariades
cambiarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambie
cambies
cambie
cambiemos
cambiedes
cambien
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiase
cambiases
cambiase
cambiasemos
cambiasedes
cambiasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiar
cambiares
cambiar
cambiarmos
cambiardes
cambiaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cambia
-
-
cambiade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cambiar
cambiares
cambiar
cambiarmos
cambiardes
cambiaren
Xerundio cambiando
Participio cambiado
cambiada
cambiados
cambiadas