calzar

calzar

lat *calceare calceu ‘zapato’

  1. v t

    Empregar ou levar un determinado tipo de calzado.

  2. v t

    Pórlle o calzado a alguén.

  3. v t

    Ter o pé dun determinado talle.

  4. v t
    1. Poñer un ou máis calzos nunha peza para fixala e nivelala.

    2. [GRÁF ]

      Alzar os gravados con cuñas para que estean ao mesmo nivel que os caracteres tipográficos ao confeccionarlles a forma.

  5. v t

    Poñer unha calza ás aves de curral.

  6. v pron

    Pórse alguén o calzado. OBS: Este uso pronominal non é correcto se vai expresado o complemento directo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Cálzate, que xa é tarde en lugar de *Cálzate as botas, que xa é tarde
  • Calzou o meniño antes de saír á rúa
  • Cómpralle de agasallo unhas botas, calza un número corenta
  • Hoxe calzo uns deportivos novos
  • O gandeiro calzou as galiñas para identificalas
  • Teñen que calzar ben a viga para que non caia, Calzou o coche porque estaba parado nunha costa moi pina, Tivo que calzar a ferramenta porque se lle movía moito
  • ¿Onde calzas o teu fillo?
Conxugar
VERBO calzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzo
calzas
calza
calzamos
calzades
calzan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzaba
calzabas
calzaba
calzabamos
calzabades
calzaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calcei
calzaches
calzou
calzamos
calzastes
calzaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzara
calzaras
calzara
calzaramos
calzarades
calzaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzarei
calzarás
calzará
calzaremos
calzaredes
calzarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzaría
calzarías
calzaría
calzariamos
calzariades
calzarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calce
calces
calce
calcemos
calcedes
calcen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzase
calzases
calzase
calzasemos
calzasedes
calzasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzar
calzares
calzar
calzarmos
calzardes
calzaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
calza
-
-
calzade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
calzar
calzares
calzar
calzarmos
calzardes
calzaren
Xerundio calzando
Participio calzado
calzada
calzados
calzadas