calmuco -ca

calmuco -ca
Plural: calmucos Masculino: calmuco Masculino plural: calmucos Feminino: calmuca Feminino plural: calmucas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos calmucos ou á súa lingua.

  2. s [ETN ]

    Individuo do pobo mongol dos calmucos.

  3. s m [ETN ]

    Pobo mongol do grupo occidental ou oirat, que desde o s XVII habitou o territorio ocupado pola República dos Calmucos, no curso baixo do Volga.

  4. s m [LING ]

    Lingua mongol que falan os calmucos.

Palabras veciñas

calmo -ma calmodulina calmoso -sa calmuco -ca calmudo -da calmuzo calo