callaleite

callaleite

callar + leite

Plural: callaleites
  1. s m [PLANTA ]

    Herba ou arbusto do xénero Galium, da familia das rubiáceas, de talo circular ou cuadrangular, a maioría rubideiras ou rastreiras, con flores de corola tubular de catro lóbulos dispostas en panículas ou capítulos. Empréganse para facer callar o leite na fabricación do queixo.

  2. s m

    Recipiente de barro no que se prepara a callada.

Citas

  • Caeu o callaleite ao chan e esnaquizouse

Palabras veciñas

cáliz callada callado -da callaleite callao callar calleira