caldeiro

caldeiro

lat caldarĭu

Plural: caldeiros
  1. s m

    Recipiente metálico cun aro de lado a lado, e máis pequeno ca a caldeira, onde se quenta ou ferve a comida do gando.

  2. s m

    Recipiente con aro, de forma troncocónica e máis estreito no fondo que na boca, feito de diferentes materiais e empregado especialmente para conter ou transportar líquidos.

  3. s m

    Recipiente de metal con buratos no fondo que se emprega para asar as castañas.

Sinónimos

Confrontacións

balde

Citas

  • Foi á fonte buscar un caldeiro de auga, O caldeiro do lixo xa está cheo
  • Xa ferve o caldeiro que puxeches ao lume