calco

calco
Plural: calcos
  1. s m

    Acción e efecto de calcar.

    1. s

      Copia obtida despois de reproducir un modelo dun papel sobre outro co que está en contacto.

    2. papel de calco

      Papel que se emprega para calcar.

  2. s m

    Imitación exacta ou moi achegada á orixinal.

  3. calco semántico [LING ]

    Forma de préstamo que imita o esquema ou o significado dunha palabra ou dunha locución estranxeira e non a súa realidade fonética.