cadrado -da

cadrado -da
Plural: cadrados Masculino: cadrado Masculino plural: cadrados Feminino: cadrada Feminino plural: cadradas
  1. p reg

    cadrar.

  2. adx
    1. Que presenta a forma ou a superficie dun cadrado.

    2. Que ten algunha das súas caras ou das súas superficies cadrada.

    3. Aplícase á superficie prismática en forma de cadrado.

    4. De catro caras aproximadamente iguais, tan ancho como longo e alto.

  3. s m
    1. Cuadrilátero cos catro costados iguais e catro ángulos rectos.

    2. Distancia angular de 90°.

    1. s

      Segunda potencia dun número ou dunha cantidade. Tm adx.

    2. adx

      Aplícase á raíz de índice 2.

    3. adx

      Aplícase ao número que ten raíz cadrada exacta.

    4. adx

      Aplícase á matriz que ten o mesmo número de filas que de columnas.

    5. cadrado perfecto

      Cadrado dun binomio, dado por unha expresión do tipo a 2 +2ab+b 2 , que é igual a (a+b) 2 .

  4. adx
    1. Aplícase á escritura capital reservada ás inscricións latinas clásicas ata o s VI, e tamén á forma capital elegante dos códices luxosos a partir do s VI.

    2. Aplícase á actual escritura hebrea, non cursiva, derivada do arameo.

  5. s m [GRÁF ]

    Peza de metal que ten o corpo da letra, empregada para completar as raias curtas ou colocada entre as letras cando se quedan moi separadas.

  6. adx [MÚS ]

    Aplícase á notación gregoriana tradicional, derivada das notacións aquitana e catalá.

  7. s m [ZOOL ]

    Óso de cartilaxe do esplacnocranio que experimenta unha redución ao longo da escala filoxenética dos vertebrados. Nos peixes, anfibios, réptiles e aves, este óso serve para articular a mandíbula inferior co resto do cranio. Nos mamíferos está modificado e forma un dos ósos do oído, a bigornia.

Palabras veciñas

cadorneira cadorno cadra cadrado -da cadrar cadrelar cadrelo