cadmio

cadmio

lat científico cadmium

Plural: cadmios
  1. s

    Elemento metálico situado entre o cinc e o mercurio no grupo II B da táboa periódica, de número atómico 48 e peso atómico 112,41. Emprégase principalmente na protección ou no embelecemento electrolítico de materiais ferrosos.

  2. bromuro de cadmio [CdBr 2 ]

    Pos cristalinos amarelos empregados en fotografía, litografía e gravados.

  3. cloruro de cadmio [CdCl 2 ]

    Sal cristalino empregado na preparación de compostos de cadmio, en fotografía e en galvanotecnia.

  4. óxido de cadmio [CdO]

    Pos usados en galvanotecnia, como catalizador en química orgánica e como pigmento e aditivo en masas luminescentes.

  5. selenuro de cadmio [CdSe]

    Pos vermellos empregados como pigmento e, en estado puro, como semicondutor.

  6. sulfato de cadmio [CdSO 4 ]

    Cristais incoloros empregados como intermediarios na preparación doutros compostos, principalmente pigmentos.

  7. sulfuro de cadmio [CdS]

    Pos cristalinos que se empregan na construción de células fotovoltaicas e son o constituínte principal do pigmento denominado amarelo de cadmio.