cadencia
cadencia
lat cadentĭa
-
-
s
Sucesión frecuente e regular de sons, imaxes ou movementos.
-
s
[DEP ]
Número de pasos que realiza un atleta en carreira ou de pedaladas que dá un ciclista nun tempo determinado.
-
s
[IMAX ]
Cantidade de fotogramas que son proxectados sobre a pantalla nun segundo.
-
cadencia de tiro
Número de tiros que efectúa unha arma de fogo por minuto.
-
s
-
s
f
[LING ]
Distribución e combinación de acentos e palabras que dan o ritmo característico de cada idioma.
-
s
f
[LIT ]
Distribución proporcionada e harmónica dos sons, acentos ou pausas tanto na poesía coma na prosa.
-
s
f
[MÚS ]
Pasaxe de virtuosismo, de ritmo ou dun solista, próximo ao final dun movemento de concerto ou aria.
Sinónimos
Citas
- Coa doce cadencia das súas palabras engaiola a calquera que o escoite
- Fiquei aloulado contemplando o solpor e escoitando a cadencia das pingas de auga batendo nos vidros das ventás