cacuminal

cacuminal

lat cacūmen -ĭnis

Plural: cacuminais
  1. adx [LING ]

    Aplícase aos sons que se articulan coa lingua elevada cara aos alvéolos superiores ou ao padal, de modo que os toque co bordo ou coa cara inferior do seu ápice.

  2. adx

    Relativo ou pertencente aos cumios das montañas.

  3. área cacuminal [ECOL ]

    Bioma azonal que aparece por riba do límite altitudinal dos bosques.

Palabras veciñas

cacto cactoide cacume cacuminal cada cadabullar cadabullo