busca

busca

buscar

f

Acción e efecto de buscar.

Ex: Anda en busca de traballo dende que se licenciou Ex: Anda á/na busca dalgunha proba para determinar quén foi o causante do asasinato, A busca dos científicos aínda non tivo os seus froitos Ex: Levaban unha busca moi boa e trouxeron moita caza

Confrontacións

camorrista, enredante

Citas

  • Anda á/na busca dalgunha proba para determinar quén foi o causante do asasinato, A busca dos científicos aínda non tivo os seus froitos
  • Anda en busca de traballo dende que se licenciou
  • Levaban unha busca moi boa e trouxeron moita caza

Frases feitas

  • En busca de loc prep Procurando atopar algo. Ex:Vai marchar da casa en busca de aventuras.

Refráns

  • Andando de aquí para alí, atoparei o que perdín.
  • Busca ben e atoparás.
  • Cando te busco, nunca te atopo; cando non te busco, apareces logo.
  • Detrás da procura vén a ventura.
  • Hai que busca-la vida, que a morte vén ela soa.
  • Monte e ribeira non se atopa onde se queira.
  • Na cama do can non cáte-Io pan, nin no fuciño da cadela búsque-Ia manteiga.
  • Non atopar niños onde se buscan paxaros.
  • Non debes buscar o que non queiras atopar.
  • O ben non é para quen o busca.
  • O que busca, algo lle falta; se lle falta, non é rico; se non é" rico, é que é pobre; e, se é pobre, que se amole.
  • Onde non está o rei, non o atopan.
  • Onde non hai non compre buscar.
  • Onde perdas a capa, alí a cata.
  • Ti ándaslle buscando tres pes ao gato e o gato tenche catro.