buraco

buraco

céltico buras ou lat furare?

  1. m

    Abertura ou cavidade realizada en calquera superficie e que pode traspasala de lado a lado.

  2. m [FÍS ]

    acante que deixa un electrón dun elemento semicondutor ao cambiar de nivel enerxético, facendo que o elemento se comporte como un condutor.

    1. buraco branco

      Entidade astronómica hipotética que sería unha fonte continua de materia e radiación, localizada nun punto singular do espazo-tempo. A materia e a radiación provirían dun buraco negro situado noutro lugar do espazo-tempo.

    2. buraco negro

      Corpo astronómico que se caracteriza por ter unha densidade moi elevada e un intenso campo gravitatorio que impide que se escape a luz. Constitúe o derradeiro estadio da vida dunha estrela de gran masa.

Sinónimos

Citas

  • A raposa escondeuse dos cans no seu buraco
  • Cavou un buraco para plantar unha árbore
  • Ten dous buracos nunha orella

Frases feitas

  • Tapar os buracos. Remediar unha determinada situaci

Palabras veciñas

buque buqué buraca buraco buran* burata burato