búnker

búnker

al Bunker ingl bunker ‘carboeira dun barco, arca’

  1. m

    Recinto fortificado de pequenas dimensións.

  2. m [BÉL ]

    Acubillo militar escavado na terra para protexerse dos bombardeos.

  3. m

    Conxunto de grupos políticos ou sociais máis inmobilistas, resistentes a calquera cambio.

Sinónimos

Citas

  • Ante o ataque das forzas inimigas, refuxiáronse nun búnker