bula
lat bulla
-
-
Documento pontificio relativo á materia de fe ou de interese xeral, expedido pola chancelaría apostólica con carácter executivo e acompañado do selo papal estampado en tinta vermella.
-
bula áurea
Bula asinada cun selo dourado en documentos papais de grande importancia.
-
bula da Santa Cruzada
Bula outorgada polos papas desde o s XI que concedía indulxencias, privilexios e grazas a aqueles que loitaron na Península Ibérica contra os musulmáns.
-
bula de carne
Bula que dispensaba de facer vixilia.
-
bula de composición
Bula outorgada polo comisario xeral da Cruzada aos posuídores de bens alleos cando non consta o propietario dos mesmos.
-
bula de defuntos
Bula que se tomaba para aplicar a un defunto as indulxencias marcadas na mesma.
-
-
f
-
Selo pontificio impreso en chumbo, co nome do papa nunha cara e a representación das cabezas de san Pedro e san Paulo na outra.
-
Peza de chumbo ou de ouro, plana e gravada, que se penduraba como selo das misivas oficiais e doutros documentos.
-
-
f
[HIST ]
Medallón dourado que levaban os fillos das familias nobres romanas ata os 17 anos, momento no que vestían a toga.
Confrontacións
breve, dispensaCitas
- O Papa Clemente VII proclamou a bula que orixinou a Universidade de Santiago de Compostela
Frases feitas
-
Haber bula para defuntos. Ter remedio para todo
-
. Ter bula para todo. Poder realizar actos que non lle est