bufar

bufar

orixe onomatopeica buff-

  1. v i

    Expulsar aire certos animais polo nariz, polo fociño ou pola boca con forza e facendo ruído.

  2. v i

    Manifestar ira ou enfado unha persoa con bufidos.

  3. v i

    Soprar o vento con forza.

  4. v i

    Expulsar gases intestinais polo ano sen ruído.

  5. v i

    Despedir vapor ou aire unha máquina.

Sinónimos

Confrontacións

peidear

Citas

  • Bufou toda a tarde porque comera fabas no xantar
  • O gato bufaba cando se lle enfrontaba o outro gato, A vaca bufaba de cansazo
  • O vento bufaba ao chocar coas pólas dos piñeiros
  • Os barcos de vapor bufaban no porto á hora de saír
  • Os veciños bufaban de carraxe polo aumento do aluguer
Conxugar
VERBO bufar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufo
bufas
bufa
bufamos
bufades
bufan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufaba
bufabas
bufaba
bufabamos
bufabades
bufaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufei
bufaches
bufou
bufamos
bufastes
bufaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufara
bufaras
bufara
bufaramos
bufarades
bufaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufarei
bufarás
bufará
bufaremos
bufaredes
bufarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufaría
bufarías
bufaría
bufariamos
bufariades
bufarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufe
bufes
bufe
bufemos
bufedes
bufen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufase
bufases
bufase
bufasemos
bufasedes
bufasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufar
bufares
bufar
bufarmos
bufardes
bufaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
bufa
-
-
bufade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
bufar
bufares
bufar
bufarmos
bufardes
bufaren
Xerundio bufando
Participio bufado
bufada
bufados
bufadas