bubela

bubela

lat *upupella dim upupa

Nome científico: Upupa epops
f [ANIMAL ]

Ave insectívora, da familia dos upúpidos, de peteiro longo, ás largas e cola longa. A plumaxe é de cores rechamantes, a cabeza e o corpo castaños rosados, e as ás e a cola con raias brancas e negras, e presenta unha crista en abano, longa e eréctil.

Frases feitas

  • Facer como unha bubela. Cheirar moi mal.

  • Ter cabeza de bubela. Ser unha persoa atoleirada.

  • Ser unha bubela. Ser algunha persoa pouco seria.

Refráns

  • Cando canta a bubela, amaña todo para a sega.
  • Cando oías a bubela, deixa os bois e colle a gavela.

Palabras veciñas

bu bu- búbalo bubela bubón bubónico -ca bucal