bruto -ta

bruto -ta

lat brutu

Plural: brutos Masculino: bruto Masculino plural: brutos Feminino: bruta Feminino plural: brutas
  1. adx

    Que carece de intelixencia e de educación. Tm s.

  2. adx

    Que actúa utilizando a forza física. Tm s.

  3. adx

    Que se conserva en estado natural e que non sufriu ningún tipo de elaboración.

  4. peso bruto

    Peso total de algo incluíndo a tara.

Citas

  • A súa bruta actitude dificulta as relacións cos demais
  • As ganancias brutas da empresa superan o billón de pesetas, En bruto o seu soldo é de duascentas mil pesetas mensuais
  • É tan bruto que quere levantar cen quilos con ese corpo pequecho que ten
  • É un rapaz moi bruto e ninguén se mete con el
  • Extraeron ouro bruto/en bruto da mina