bronquite

bronquite

bronquio + -ite

  1. f [PAT ]

    Inflamación aguda ou crónica dos bronquios, causada habitualmente por axentes infecciosos ou irritantes, físicos ou químicos. A súa orixe está nos axentes infecciosos ou na inhalación de produtos irritantes, sobre todo tabaco.

  2. bronquite verminosa [VETER ]

    Enfermidade do aparato respiratorio que afecta ao gando bovino, ovino e cabrún novo que pace en ambientes húmidos. Está causada por un nematodo (Strongylus fileria) que penetra nos bronquios e provoca unha inflamación.