brigantino -na

brigantino -na

lat Brigantīnus topónimo lat Brigantĭum

Masculino: brigantino Masculino plural: brigantinos Feminino: brigantina Feminino plural: brigantinas
  1. adx, s

    betanceiro.

  2. m [ETN/HIST ]

    Pobo prerromano da Gallaecia, no convento lucense, que se estableceu en Brigantium.

Citas

  • A igrexa de San Francisco é unha boa mostra da arte brigantina
  • Os brigantinos son xente moi alegre

Palabras veciñas

brigadier brigaecios brigante brigantino -na brillante brillantez brillantina