brazo
lat brachĭu ‘brazo’
- 
  
        
                    m                  
  
  
  
  
        - 
              
              
              
              
                                                
                                Cada unha das dúas extremidades torácicas do ser humano. 
- 
              
              
              
              
                                                
                                Parte comprendida entre o ombreiro e a man. 
- 
              
              
              
              
                                                
                                Parte de cada extremidade torácica do home comprendida entre o cóbado e o ombreiro (en oposición ao antebrazo). 
 
- 
              
              
              
              
                                                
                                
- 
  
        
                    m                  
  
  
  
                [ZOOL              ]
          
                    Cada un dos dous apéndices torácicos móbiles, especialmente locomotores, que teñen algúns animais. 
- 
  
  
  
  
  
        - 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                
                                Parte dunha cousa que se alonga en forma de brazo, partindo dun tronco, eixe ou núcleo. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                
                                Barrotes dalgunhas cadeiras onde a persoa sentada repousa os brazos. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                
                                Cada metade do traveseiro da cruz. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                    [ASTRON                          ]
                                  
                                Cada unha das partes que, nas galaxias espirais, envolven o núcleo. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                    [FÍS                          ]
                                  
                                Distancia do punto de referencia á recta de acción da forza. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                    [FÍS                          ]
                                  
                                Distancia que hai, nunha panca, entre o punto de soporte e o punto de aplicación da forza, medida perpendicularmente á dirección da forza. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                    [MAR                          ]
                                  
                                Cada unha das partes dunha verga comprendida entre a cruz e cada penol. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                    [MAR                          ]
                                  
                                Cada unha das dúas partes da áncora comprendidas entre a cruz e cada unlla. 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                    [XEN                          ]
                                  
                                Cada un dos dous segmentos principais do cromosoma separados polo centrómero, que determina (coa súa posición) a lonxitude destes. 
- 
              
              
                                
                                brazo de mar                              
              
              
                                                    [XEOG                          ]
                                  
                                Canal formado por unha estreita porción de mar que entra na terra e que queda entre o litoral continental e unha illa próxima. 
- 
              
              
                                
                                brazo de río                              
              
              
                                                    [XEOG                          ]
                                  
                                Parte dun río que se separa do seu curso principal para formar un secundario co que se reúnen de novo antes de desembocar no mar. 
- 
              
              
                                
                                brazo morto                              
              
              
                                                    [XEOG                          ]
                                  
                                Antigo meandro dun río que quedou cegado ou estrangulado. 
 
- 
              
                                
                                                              
              
              
              
                                                
                                
- 
  
        
                    m                  
  
  
  
                [HERÁLD              ]
          
                    Figura en forma de brazo, xeralmente o dereito, cuberto por unha armadura, normalmente de prata. 
- 
  
        
                    m                  
  
  
  
            
                    Traballadores, especialmente os que desenvolven un labor manual. 
- 
  
  
        
                    brazo de xitano                  
  
  
                [ALIM              ]
          
                    Elaboración pasteleira que se compón dun biscoito de forma rectangular, lixeiramente borracho, con recheo de crema pasteleira, marmelada, nata ou trufa. 
- 
  
  
        
                    brazo fonocaptor                  
  
  
                [TECNOL              ]
          
                    Brazo que sostén a cápsula fonocaptora nun tocadiscos. 
- 
  
  
        
                    brazo secular/real                  
  
  
                [HIST              ]
          
                    Autoridade do maxistrado civil e secular en contraposición ao eclesiástico. 
Confrontacións
relleiraCitas
- As obras non avanzan porque faltan brazos
- Mercamos unha cadeira de brazos de madeira
- O brazo do guindastre caeu enriba do coche aparcado
Frases feitas
- 
                          A brazo aberto. Con moita forza. 
- 
                          A brazo partido. Combate sen armas. 
- 
                          Cos brazos abertos. Recibir a algu 
- 
                          Dar o brazo a torcer. Ceder. 
- 
                          En brazos. Xeito de levar unha persoa a outra apoi 
- 
                          Estar) de brazos cruzados/cos brazos cruzados. Permanecer inactivo. 
- 
                          Meterlle un brazo por unha manga. Ter a imposibilidade de facerlle algunha cousa unha persoa a outra. 
- 
                          Non dar o brazo a torcer. Manter unha postura ou unha opini 
- 
                          Ser unha persoa un bo brazo de labor. Ser preguiceiro. 
- 
                          Ter moito brazo cos comerciantes. Ter aptitudes para relacionarse. 
