botella

botella

lat butticŭla

  1. f

    Recipiente estreito destinado a conter líquidos

  2. f

    Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.

  3. f [FÍS/TECNOL ]

    Globo de vidro que constitúe a envoltura das lámpadas, dos tubos electrónicos e doutros dispositivos que teñen que funcionar no baleiro ou nunha atmosfera pechada.

  4. f [PROTISTA ]

    boche.

  5. f [XEOL/BIOL ]

    Recipiente utilizado para recoller mostras de auga de mar a determinadas profundidades.

  6. botella de Leiden [FÍS/TECNOL ]

    Condensador experimental feito cunha botella de vidro forrada por dentro e por fóra, ata unha certa altura, de papel de estaño.

  7. botella magnética [FÍS ]

    Recinto esférico que no seu interior posúe un campo magnético cun valor que aumenta en todas as direccións proporcionalmente ao cadrado da distancia ao centro.

Confrontacións

botello, frasco, garrafa

Citas

  • Bebeu unha botella enteira de viño antes de comer
  • Puxo a botella enriba da mesa e serviu uns vasos