borracho -cha

borracho -cha

borracha

Plural: borrachos Masculino: borracho Masculino plural: borrachos Feminino: borracha Feminino plural: borrachas
  1. adx

    Que está baixo os efectos do alcohol. Tm s.

  2. adx

    Que se emborracha a miúdo. Tm s.

  3. adx

    Aplícase a algúns froitos da cor do viño tinto claro.

  4. adx

    Aplícase ao alimento enchoupado nunha bebida alcohólica, almíbar ou leite.

Citas

  • A miña avoa de cando en vez aínda fai sopas borrachas co pan reseso enchoupado en viño e azucre, Sempre me gustou moito o biscoito borracho
  • É un borracho, todos os días bebe en grandes cantidades e perde o control
  • Moitas veces chega borracho ao traballo
  • Non se deu conta do que facía porque estaba borracho de ira

Frases feitas

  • Estar borracho coma un pelexo/unha cuba. Estar excesivamente b

Refráns

  • a que se dá á bebida, ben pouco estima a súa vida.
  • Cada un di o seu parecer despois de beber.
  • Ninguén se emborracha co viño da súa casa.
  • Ó que vai á bodega sempre se lle conta, beba ou non beba.
  • ¡Vaites, vaites co romeiro, que non sabe andar a pe!

Palabras veciñas

borra borracha borracheira borracho -cha borrachón -na borrador borralla