bobina

< fr bobine ‘bobina’
  1. f Cilindro que serve para levar enrolado un cable ou calquera outro tipo de fío semellante.
  2. f IMAX Rolo de película liado a un aparato composto por un cilindro central e dous discos laterais.
  3. f FÍS Dispositivo formado por un condutor eléctrico illado e enrolado, destinado a crear un campo magnético ao pasar por el unha corrente eléctrica.
  4. f FÍS Aparato constituído por dúas bobinas encaixadas.
  5. f IND Presentación industrial do papel e o celofán en forma de banda continua.
  6. bobina de deflexión FÍS Bobina de indutancia que xera o campo magnético que desvía o feixe de electróns nun tubo de imaxe de televisión.
  7. bobina de indución/de Ruhmkoff FÍS Transformador de tensión que se emprega nos motores de acendido por chispa.
  8. bobina de Petersen FÍS Bobina de reactancia que se coloca entre o neutro do transformador e a terra para evitar os arcos causados por contactos intermitentes entre un condutor e a terra.
  9. bobina de Tesla FÍS Transformador semellante a unha bobina de indución que produce correntes de alta frecuencia e de tensión elevada.

Confrontacións

Citas

  • Enrodelei todo o cable de cobre que atopei nunha bobina
  • Pásame unha bobina de fío negro que teño para cambiar a que se acabou na máquina de coser