bloque

< fr bloc neerl blok ‘bloque’
  1. m Masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada.
  2. m Feixe de follas de papel prensadas, que se empregan xeralmente para realizar anotacións.
  3. m Reunión de cousas que constitúen un todo homoxéneo e coherente.
  4. m Edificio constituído por varias casas de estrutura e características semellantes.
  5. m Elemento dun diagrama de bloques.
  6. m ENX Conxunto de elementos que forman unha parte compacta dun aparello electrónico.
  7. m FILAT Conxunto de selos dispostos en forma vertical ou horizontal.
  8. bloque de cilindros ENX Peza de fundición onde se mecanizan os cilindros do motor ou os aloxamentos das camisas.
  9. bloque diagrama XEOG Representación gráfica en que se visualizan simultaneamente os cortes xeolóxicos levantados ao longo das dúas dimensións dun plano e a topografía do relevo superior.
  10. bloque errático XEOG Pena de grandes dimensións arrincada dos flancos dun val glaciario por un glaciar.
  11. bloque monetario ECON Acordo establecido entre diversos países para ligar as súas moedas a unha común non convertible en ouro.
  12. bloque motor ENX Conxunto do motor, o embrague e o cambio de marchas.

Confrontacións

Citas

  • Anotei os números de teléfono que me deron nese bloque de notas
  • Dividimos todos os libros en dous grandes bloques de ciencias e letras
  • Os partidos formaron un bloque moi sólido contra o terrorismo, O bloque de esquerdas votou a favor do aborto
  • Transportou todos os bloques de cemento dunha soa viaxe, Un bloque de granito caeu do guindastre e destrozou un coche

Frases feitas

  • En bloque loc adv En conxunto, ser facer distinci