acordar

< lat v *accordāre corde ‘corazón’
  1. v t Tomar acordo sobre un asunto ou cuestión a decidir.
  2. v t Interromper o sono a alguén.
  3. v t Ter ou traer á memoria. Tm v pron.
  4. Lembrar a alguén algo.
  5. v t FÍS Regular un circuíto oscilante de xeito que a súa frecuencia coincida con outra determinada.
  6. Deixar de durmir.
  7. v i Darse conta. Tm v pron.
  8. v i Recuperar o sentido tras un desmaio ou un golpe

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A dirección acordou que en agosto teriamos vacacións
  • A súa nai acórdao todos os días ás cinco da mañá para ir traballar a Citroën
  • Acordou as cores da paleta e pintou un cadro cheo de luminosidade e beleza
  • Acordou cos ruídos da rúa
  • Caeu polas escaleiras e tardou en acordar dúas horas
  • Onte á noite na casa de Antía acordamos o día que chegaches por primeira vez á nosa empresa
  • Pensabamos ir á festa de aniversario de Henrique mais acordamos que xa non había autobús
  • Teu pai acordábase do roubo no banco da vila
Verbo: acordar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordo

acordas

acorda

acordamos

acordades

acordan

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordaba

acordabas

acordaba

acordabamos

acordabades

acordaban

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordei

acordaches

acordou

acordamos

acordastes

acordaron

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordara

acordaras

acordara

acordaramos

acordarades

acordaran

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordarei

acordarás

acordará

acordaremos

acordaredes

acordarán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordaría

acordarías

acordaría

acordariamos

acordariades

acordarían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acorde

acordes

acorde

acordemos

acordedes

acorden

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordase

acordases

acordase

acordasemos

acordasedes

acordasen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordar

acordares

acordar

acordarmos

acordardes

acordaren

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

acorda

-

-

acordade

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

acordar

acordares

acordar

acordarmos

acordardes

acordaren

Xerundio

acordando

Participio

acordado

acordada

acordados

acordadas