bilateral

< bi- + lateral
Plural: bilaterais
  1. adx Que ten dous lados.
  2. adx Que se refire ao mesmo tempo a ambos os dous lados ou partes.
  3. adx BOT Aplícase ao órgano que ten dous planos normais de simetría ou que se dispoñen en dúas fileiras ao longo dun eixe.
  4. adx ZOOL Aplícase ao animal que presenta un ou dous planos de simetría.
  5. adx DER
    1. Aplícase ao negocio xurídico en que interveñen dúas partes.
    2. Aplícase ao contrato que asigna obrigas a cada unha das dúas partes contratantes.

Antónimos

Citas

  • A patronal e os sindicatos chegaron a un pacto bilateral
  • Antes do xuízo chegaron a un acordo bilateral