bicuda

  1. f ariedade de mazá verde escura que ten forma de bico.
  2. f ANIMAL Molusco bivalvo, da familia dos venéridos, de valvas ovadas, sólidas co umbo situado na metade anterior da cuncha e que vive en areas lamacentas ou areosas na zona inframareal no Atlántico e no Mediterráneo.
  3. f ANIMAL/ICT Peixe mariño, da familia dos esfirénidos, que presenta o corpo alongado, ollos moi grandes, a mandíbula inferior prolongada cara a adiante e aleta caudal profundamente gallada. É de cor gris oliva coa zona ventral arxéntea.