biblioteca

< lat bibliothēca gr βιβλιο ϴή κη ‘depósito de libros’
  1. f Servizo cultural autónomo ou subordinado dunha institución que organiza e mantén o depósito, a clasificación, a conservación e a consulta ou lectura de documentos diversos.
  2. f Local destinado a conter unha gran cantidade de libros para a súa lectura.
  3. f Moble en que se colocan os libros.

Confrontacións

Citas

  • A editorial Galaxia publicou no ano 1995 a Biblioteca da Cultura Galega
  • A humidade obrigounos a cambiar a biblioteca de lugar
  • Colle o libro da biblioteca que está no meu cuarto
  • Esta obra constitúe a mellor exposición da biblioteca de Álvaro Cunqueiro
  • Ó longo da súa vida foi xuntando unha boa biblioteca