beta

Nome científico: gr: β Plural: betas
  1. s m Nome da segunda letra do alfabeto grego.
  2. s m ASTRON Símbolo para designar a segunda estrela máis brillante dunha constelación.
  3. s m QUÍM Símbolo empregado como prefixo, co que se designan certas posicións ou configuracións das moléculas ou certos isómeros, na nomenclatura orgánica non sistemática.
  4. actividade β FISIOL Actividade rítmica cerebral rexistrada no electroencefalograma normal constituída por ondas recollidas nas rexións frotocentrais do cranio.
  5. función β MAT Función definida pola ecuación


    que converxe para valores de r e s positivos. OBS: Tamén se denomina primeira integral de Euler.
  6. partícula β/raios β FÍS Unha das partículas emitidas na desintegración de determinados núcleos radioactivos.