bengala

< topónimo Bengala
  1. f IND Mestura de xofre, nitrato de potasio, sulfuro de antimonio e outros compostos, xeralmente colocada no interior dun recipiente cilíndrico de metal, madeira ou cartón que, ao queimarse, produce luz. OBS: Tamén se denomina luz de bengala.
  2. f Cana da India da que se fan bastóns.