aclimatación

< aclimatar
Plural: aclimatacións
  1. s f BIOL Acción e efecto de aclimatar ou de aclimatarse.
  2. BIOL
    1. s f Resposta fisiolóxica que consiste na adaptación dos organismos a condicións ambientais que lle son alleas.
    2. aclimatación á altura Conxunto de reaccións fisiolóxicas que lle permiten a un organismo adaptarse a un medio situado a máis altitude á que está afeito a vivir.

Citas

  • Cando chega do Brasil precisa un período de aclimatación