bebida

< beber
  1. f Calquera líquido apto para o consumo humano.
  2. f Calquera líquido que posúe graduación alcohólica.
  3. bebida alcohólica Bebida que contén alcohol etílico en cantidade superior ao 2%.
  4. bebida carbónica Bebida non alcohólica preparada con auga potable saturada de dióxido de carbono.
  5. bebida estimulante Bebida non alcohólica que se caracteriza por conter principios activos do grupo da purina (cafeína, teofilina e teobromina).

Citas

  • A bebida acabou coa súa saúde, Ten problemas coa bebida, Un home dominado pola bebida
  • Este supermercado ten unha boa sección de bebidas
  • Quen gañe paga a bebida

Palabras veciñas