beber

< lat bībĕre
  1. v t Inxerir un líquido.
  2. v i Tomar bebidas alcohólicas en gran cantidade.
  3. v i Obter datos dunha determinada fonte.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Bebeu un pouco de leite
  • Despois de beber non se pode conducir
  • Ferrín no Rei Artur bebeu dalgúns dos mitos da materia de Bretaña, Ese escritor bebeu nos clásicos
  • Máis que unha sopa, isto parece unha beberaxe.
  • O papel secante bebe a tinta

Frases feitas

  • Beber a galupos/gulapos. Beber
  • Beber a pote. Beber en gran cantidade.
  • Beber a chorro. Beber sen interrupci
  • Beber a morro Beber pondo os beizos no punto de onde mana o l
  • Beber como as vacas na carrada/como un boi. Beber moito.
  • Beber en pingotas. Beber pinga a pinga.
  • Beber traballos. Ter mala fortuna.
  • Beber un goto/unha gurrispa/ unha pinga. Beber moi pouca cantidade.
  • Como beber con uvas. Dise cando non gosta algunha cousa.
  • Sacar o paxaro a beber. Ouri
  • Sen comelo nin bebelo. Sen ter a culpa de nada.

Refráns

  • A auga polo río abaixo vaia e pola gorxa non caia.
  • A auga que deres ao teu señor non a mires ao sol.
  • A ben comer ou mal comer, tres veces beber.
  • A ben comer, beber hai que beber.
  • A bo bocado, bo berro e bo xerro.
  • A bo comer ou mal comer, tres veces beber.
  • A bocado forte, trago de viño.
  • A muller que o seu home queira ter gordiño, despois que coma o caldo, déalle un gotiño.
  • A pouca comida, pouca bebida.
  • A pouco viña ¡coidadiño!
  • A pouco viña, pequeno traguiño.
  • Auga ao figo e á pera viño.
  • Auga bebas con figos e brevas.
  • Auga fría e pan quente nunca fixeron ventre.
  • Auga para os peixes, para os homes viño á feixes.
  • Bebe despois do caldo e rite do "cirurxiano".
  • Beber bo viño faino todo veciño; o que é malo, é beber viño malo.
  • Beber e comer bo pasatempo é.
  • Beber sen comer é cegar e non ver.
  • Bebín auga porque non houbo auga; que, se auga houbera, viño bebera, se a tempo chovera.
  • Bota viña e beberemos, xa que viña temas.
  • Bótamo todo en viña e non en liño.
  • Cando empeces a comer, acórdate de beber e non te acordes de comer.
  • Cando está seca a garganta, non cría nin canta.
  • Co caldiño bebe sempre un gotiño.
  • Comer e non beber é coma cegar e non ver.
  • Con brevas viño bebas; e con figos, auga e viño.
  • Con caracois, figos e brevas, auga non bebas; pero o viño sexa tanto, que todo o que comas ande nadando.
  • Con figos bebe auga ou viño.
  • Con figos e brevas auga bebas.
  • Con peras viño bebas e tanto sexa o viño que naden as peras.
  • Con peras viño bebas.
  • Con peras viño bebas; mais non sexa tanto o viño que afoguen as peras.
  • Dáme o viña cando quixeres; mais despois do caldo non mo negues.
  • Dixo o viño moi campante: No corpo do home son va/ente e voante e dixo o pan:.., se eu vou diante.
  • Díxolle o touciño ao viño: ¡Ben veñades, meu amigo!
  • É boa desgracia non ter para viño e ter que beber auga.
  • Enriba de brevas auga non bebas.
  • Enriba de brevas nunca bebas.
  • Eu non son digno de bebe-la auga sen viño.
  • Máis val.e beber que cuspir.
  • Non almorces sen viña nin andes moito camiño.
  • Non atoldes a auga que teñas que beber.
  • Non hai ruÍn viña con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • O beber mata axiña a sede.
  • O beber quere comer.
  • O lacón e ao touciño, tragos de viña.
  • Ó que bebe pola cabaza non se lle saben os tragos que pasa.
  • O que despois do caldo non bebe, non sabe o que perde.
  • O que vai á adega e non bebe, iso máis perde.
  • O viño polo xerro é como mellor o quero.
  • Ós figos, se son verdes, hai que darlles viña.
  • Por beber medio netiño e comer media tallada, nunca se perdeu nada.
  • Por cada bocadiño, un neto de viña.
  • Que chova, que neve, o que ten sede bebe.
  • Que chova, que neve, quen ten sede, bebe.
  • Que chova, que xíe, dálle auga ao corpo, cando a sede a pide.
  • Se a cunca é capaz e o viño é ricaz, comamos e bebamos e teremos a festa en paz.
  • Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ao "cirurxiano".
  • Se con uvas bebedes, dúas veces beberedes.
  • Sen beber non se debe comer.
  • Un gotiño de augardente deixa o estómago quente e fai ao home forte e valente.
  • Vexa eu a auga, inda que sexa atoldada.
  • ¡Comamos, bebamos e runflemos, que, ao cabo, que morrer temos!
Verbo: beber
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

bebo

bebes

bebe

bebemos

bebedes

beben

Copretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

bebía

bebías

bebía

bebiamos

bebiades

bebían

Pretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

bebín

bebiches

bebeu

bebemos

bebestes

beberon

Antepretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

bebera

beberas

bebera

beberamos

beberades

beberan

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

beberei

beberás

beberá

beberemos

beberedes

beberán

Pospretérito

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

bebería

beberías

bebería

beberiamos

beberiades

beberían

Subxuntivo

Presente

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

beba

bebas

beba

bebamos

bebades

beban

Imperfecto

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

bebese

bebeses

bebese

bebesemos

bebesedes

bebesen

Futuro

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

beber

beberes

beber

bebermos

beberdes

beberen

Imperativo

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

-

bebe

-

-

bebede

-

Formas nominais

Infinitivo conxugado

Eu

Ti

El/Ela

Nós

Vós

Eles/Elas

beber

beberes

beber

bebermos

beberdes

beberen

Xerundio

bebendo

Participio

bebido

bebida

bebidos

bebidas