beatitude

< lat beātitūdĭne ‘felicidade’
  1. f Felicidade ou goce perfecto e eterno.
  2. f Benaventuranza ou consumación definitiva do home na visión de Deus, na resurrección da carne e na comuñón dos santos.
  3. f Título honorífico que recibe o santo padre e os bispos.

Citas

  • Aseguraban que tiña a beatitude reflectida na súa mirada