bautismo

< lat baptismu
  1. m RELIX Primeiro dos sete sacramentos, que consiste nun rito de ablución unido a unhas palabras, en virtude do que o home entra a formar parte da Igrexa de Xesús Cristo.
  2. bautismo de fogo BÉL Primeira acción bélica dun soldado.
  3. RELIX
    1. bautismo de sangue Martirio dun crente non bautizado.
    2. bautismo de Xoán Ablución que Xoán o Bautista administraba aos que recibían a súa mensaxe de proximidade do Reino de Deus e de conversión.
  4. certificado de bautismo DER Certificación, extraída do libro de bautismos, que garante que alguén recibiu ese sacramento.
  5. libro de bautismos DER Libro onde se anotan os bautizos administrativos nunha parroquia e que testemuña ese sacramento no marco da xurisdición eclesiástica.

Confrontacións

Citas

  • A miña curmá recibiu o bautismo aos sete anos, xa que antes non puido ser
  • Despois de bautizar o meniño, fórono inscribir no libro de bautismos
  • O Luís recibiu o seu bautismo de fogo nas manobras realizadas durante o servicio militar
  • Tiveron que pedir o certificado de bautismo para poder casar