barrena

< lat veruīna ‘dardo pequeno’
  1. f Ferramenta de ferro ou aceiro que se emprega para facer buratos.
  2. f Barra de aceiro ou ferro con forma de espiral nun dos extremos que se emprega para facer buratos.
  3. f AERON Movemento de descenso en espiral que pode adquirir un avión, accidentalmente, cando perde velocidade voando a unha incidencia superior á crítica.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • Estragóuseme a barrena e non podo facer máis buratos
  • Necesitamos unhas barrenas máis duras para furar a táboa