barreira

< barra
  1. f Calquera dispositivo que separa un lugar doutro ou ben impide o paso a un lugar.
  2. f Obstáculo ou impedimento para que algo se realice.
  3. f ARQUIT Parapeto que servía para defenderse dos inimigos.
  4. f DEP Fila de xogadores que se colocan diante da meta para evitar que o equipo contrario acade un tanto durante o lanzamento dun golpe franco.
  5. f ECOL Obstáculo, de calquera tipo, que afecta á capacidade de dispersión dunha especie.
  6. f ESPECT Antepeito de madeira que circunda o círculo central das prazas de touros e que serve de protección aos toureiros.
  7. f PSIC Sistema defensivo realizado polo suxeito contra as lembranzas e motivacións indesexables.
  8. barreira acústica Pantalla que se sitúa na beira dunha vía, especialmente en zona urbana, para limitar o efecto do ruído dos vehículos sobre as edificacións veciñas.
  9. barreira de calor AERON Conxunto de fenómenos térmicos que aparecen nunha aeronave, polo efecto do quentamento cinético.
  10. barreira de decantación ENX Muro baixo construído no leito dun río ou no fondo do mar, cando se producen movementos de auga, para reter os seixos e a area.
  11. barreira de golpe TECNOL Barreira que nos pasos a nivel se pecha automaticamente cando se achegan os trens.
  12. barreira de potencial FÍS Rexión finita do espazo en que a enerxía potencial dun campo presenta un máximo.
  13. barreira de seguridade AERON Dispositivo empregado nos portaavións cando falla o dispositivo de retención para deter as aeronaves que aterran.
  14. barreira do son AERON Conxunto de fenómenos aerodinámicos que aparecen no desprazamento dun móbil no seo dun gas a velocidades próximas ás do son.
  15. barreira hematoencefálica FISIOL Barreira formada polo endotelio vascular e a membrana glial perivascular do cerebro.
  16. barreira non arancelaria ECON Tipo de regulamento do comercio exterior para restrinxir as operacións de importación no seu país.
  17. barreira placentaria FISIOL Membrana de intercambio placentario.
  18. barreira reprodutiva BIOL Factor que impide que unha poboación que se propaga sexualmente se mesture e intercambie xenes con outra poboación.

Sinónimos

Citas

  • A chuvia orixinou unha barreira infranqueable para os animais da outra banda do río
  • A serra do Suído constitúe unha barreira para as choivas, Decidiron romper a súa relación porque existía unha gran barreira ideolóxica entre eles
  • O feito de estaren lonxe non foi unha barreira para que continuasen sendo amigos
  • Puxeron unha barreira para impedir que pasaran os peóns, Houbo que baixar a barreira do paso a nivel para que puidese pasar o tren

Palabras veciñas