baronía

< barón
  1. f HIST Territorio ou lugar sobre o que exerce a súa xurisdición un barón ou unha baronesa.
  2. f HIST Título ou dignidade de barón.
  3. f HIST Demarcación feudal que posúe un barón e que exerce funcións xurisdicionais, absolutas nalgunhas rexións europeas, e dun carácter máis restritivo noutras.