acimut

< ár as-simūt por as-sumūt, pl de as-samt ‘a dirección, o cénit’
Plural: ácimos
  1. s m Arco do horizonte contado desde o punto cardinal N ou S ata a vertical do astro.
  2. s m FÍS Ángulo que, no rexistro de sinais eléctricos sobre cinta magnética, forma o entreferro da cabeza de rexistro ou de reprodución coa perpendicular á dirección de avance da cinta magnética.
  3. s m TECNOL/COMUN Ángulo formado entre a dirección desde un punto a unha  antena e a dirección do meridiano.
  4. s m XEOG Ángulo comprendido nun plano horizontal, formado por un plano visual que pasa por un punto e unha dirección fixa.