barbaridade

< bárbaro
  1. f Calidade de bárbaro.
  2. f Dito ou feito absurdo.
  3. f Erro moi grave.
  4. f Expresión ou xuramento groseiro e desagradable.
  5. Cantidade excesiva.

Citas

  • Camiñar por riba da balaustrada dunha ponte é unha barbaridade, Atravesar a rúa cando o semáforo está vermello é unha barbaridade
  • Dóeme un pouco o bandullo, hoxe comín unha barbaridade, ¡Gastei unha barbaridade nos agasallos do Nadal!
  • Insultouno, maldiciuno e non deixou de dicir barbaridades
  • Non quero ver as noticias pola tele porque non me gosta ver barbaridades
  • Suspendiches o exame porque contestaches varias barbaridades

Palabras veciñas