baqueta

< it bacchetta bacchio lat baculu ‘pao’
  1. f BÉL
    1. ara delgada de ferro ou de madeira, que servía para cargar as armas dos ss XVII ao XIX.
    2. Accesorio para limpar o canón das armas de fogo portátiles e para extraer as vaíñas que quedan na recámara.
  2. f MÚS ara que ten unha pequena bóla na punta, coa que se fan soar algúns instrumentos de percusión.
  3. f ARQUIT Moldura estreita e redonda a modo de talo ou xunquiño.

Citas

  • Esta baqueta de pao de toxo arrebola os croios cunha gran potencia
  • Regaleille unhas baquetas para o seu tambor de xoguete e andou zoupando nel ata rebentalo

Frases feitas

  • Levar/traer/ter cara de baqueta. Estar con mala cara ou ser malencarado.