acidose

< ácido + -ose lat acĭdu ‘ácido’ + gr -ωσις ‘formación, conversión’
Plural: acidoses
  1. s f PAT Trastorno do equilibrio ácido/básico do organismo.
  2. acidose diabética PAT Acidose metabólica, producida pola acumulación de corpos cetónicos como resultado dunha diabete melitus mal controlada.
  3. acidose láctica PAT Acidose metabólica debida á acumulación de ácido láctico nos tecidos.
  4. acidose metabólica PAT Acidose producida pola retención ou o exceso de ácidos, pola perda de bases ou por dilución.
  5. acidose renal PAT Acidose metabólica que é consecuencia da alteración dalgún dos mecanismos renais reguladores do equilibrio ácido-básico do organismo.
  6. acidose respiratoria/gasosa PAT Anormalidade do intercambio gasoso a nivel do pulmón por hipoventilación alveolar.