ácido -da

< lat acĭdus ‘ácido’
Plural: ácidos Masculino: ácido Masculino plural: ácidos Feminino: ácida Feminino plural: ácidas
  1. adx Que ten un sabor semellante ao do limón ou ao do vinagre.
  2. QUÍM
    1. adx Relativo ou pertencente aos ácidos.
    2. adx Aplícase ás solucións ou mesturas onde hai presente un ácido libre.
    3. adx Aplícase aos sales que conteñen hidróxeno substituíble polos metais.
    4. reacción ácida Propiedade dos ácidos e das súas solucións de facer virar os indicadores á cor correspondente á forma ácida.
  3. s m QUÍM Substancia qu se caracteriza quimicamente polo feito de provocar cambios de cor nos indicadores. Reaccionan coas bases, formando compostos neutros denominados sales.
  4. s m QUÍM Conxunto de drogas sintéticas.
  5. ácido alcohol QUÍM Substancia orgánica que ten como mínimo unha función ácido carboxílico e unha función alcohol.
  6. ácido carboxílico QUÍM Calquera das substancias orgánicas de fórmula xeral R-COOH, que teñen na súa molécula un ou varios grupos carboxilo.
  7. ácido cetónico QUÍM Composto orgánico que ten como mínimo unha función ácido carboxílico e unha función cetona.
  8. ácido fenol QUÍM Composto orgánico que ten como mínimo unha función ácido carboxílico e unha función fenol.
  9. ácido fosfónico QUÍM Calquera dos ácidos de fórmula xeral RPO 3 H 2 , que teñen o átomo de fósforo ligado directamente a un carbono.
  10. ácido graxo QUÍM Ácido carboxílico monoprótico presente nas graxas naturais, insoluble en auga e soluble en disolventes orgánicos.
  11. ácido sulfénico QUÍM Calquera dos ácidos de fórmula xeral R-S-OH, onde R é un grupo orgánico cun carbono.
  12. ácido sulfínico QUÍM Calquera dos ácidos de fórmula xeral R-SO -OH, onde R é un grupo orgánico cun carbono.
  13. ácido sulfónico QUÍM Calquera dos ácidos de fórmula xeral R-SO 2 -OH, onde R é un grupo orgánico alquilo ou arilo ou un halóxeno.
  14. índice de ácido QUÍM Número de miligramos de hidróxido de potasio necesario para neutralizar a acidez libre dun gramo de aceite, graxa ou resina.

Sinónimos