báculo

< lat bacŭlu ‘bastón’
  1. m RELIX Bastón ou caxato que levan os bispos, abades e algunhas abadesas nas cerimonias litúrxicas como símbolo de autoridade.
  2. m fig Persoa ou cousa que presta axuda cando as circunstancias son adversas.
  3. m HERÁLD Ornamento exterior eclesiástico e figura da que hai que indicar a posición e a situación da empuñadura.
  4. báculo de Jakob ASTRON bésta.