babuíno

< fr babouin ‘tolo’ it babbuino
  1. m ANIMAL Primate catarrino do xénero Papio, da familia dos cercopitécidos. Ten o morro longo e calvo, as mandíbulas fortes e os cairos moi potentes, o rabo ben desenvolvido e as calosidades isquiáticas grandes, a miúdo de cores vivas. Viven entre rochas nas ladeiras das montañas e son exclusivos de África.

Palabras veciñas