axudante -ta

< axudar
Plural: axudantes Masculino: axudante Masculino plural: axudantes Feminino: axudanta Feminino plural: axudantas
  1. adx Que axuda.
  2. s
    1. Persoa que axuda ou asiste a alguén.
    2. BÉL Cabo ou oficial que, dentro da súa unidade, cumpre determinadas funcións e servizos.
    3. ESPECT/ARTE Técnico adxunto que presta auxilio en tarefas de programación.
    4. PEDAG Profesor adxunto.
  3.   RELIX Cargo das congregacións da curia romana que constitúe o grao máis elevado de oficiais menores, poñentes e executores, no referente aos  asuntos que lle son confiados.
  4. axudante de Mariña BÉL/HIST Oficial da Mariña de guerra que manda nun distrito marítimo.
  5. axudante técnico sanitario Antiga denominación do profesional da enfermaría.

Citas

  • O médico axudante realizou a intervención con éxito
  • Preciso un axudante de cociña

Palabras veciñas