axitación

< axitar
Plural: axitacións
  1. s f Acción e efecto de axitar ou axitarse.
  2. s f Estado de desacougo anímico.
  3. s f Actitude da xente que se opón ou rexeita unha situación social coa que non está de acordo.
  4. s f TECNOL Operación física, que se realiza nun axitador, consistente na produción de movementos irregulares e turbulentos nunha masa fluída, co fin de acelerar un proceso de mestura ou de transferencia.
  5. axitación psicomotriz PAT Movementos irreflexivos, continuados e desordenados, que responden a impulsos instintivos ou afectivos variables.
  6. axitación térmica FÍS Movemento desordenado que, en función da temperatura, presentan as moléculas de calquera substancia.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • A axitación dos universitarios provocou a intervención das unidades antidisturbios
  • A discusión co seu pai produciulle unha grande axitación
  • Cunha lixeira axitación xa podes botarlle o producto aos cristais